Polo Camiño de Santiago non só transitan cada ano un fluxo de xentes de diversas nacionalidades que se incrementa nos Anos Santos –cando o 25 de xullo coincide en domingo e é posible gañar o Xubileo, unha Indulxencia Plenaria ou perdón dos pecados, que outorga a Igrexa-, senón que tamén foi unha “autovía do coñecemento”: un ente difusor dos grandes movementos culturais e artísticos que ían xurdindo por Europa -o románico que naceu no Camiño a Compostela – e tamén foi unha demostración incomparable da solidariedade humana.

Pero o Camiño é aínda máis: camiñar cara ao oeste por unha ruta con 1.200 anos de historia e deixar atrás hábitos e rutinas é hoxe, como nos albores da peregrinación, unha conxunción de sacrificio e recompensa que transforma a quen o experimenta polo menos unha vez na vida.

O CAMIÑO DE SANTIAGO

O descubrimento da tumba do apóstolo Santiago o Maior, arredor dos anos 820 e 830, nun bosque chamado Libredón e onde hoxe se alza a magna catedral compostelá, constitúe un dos acontecimentos máis importantes da Idade Media en Europa. A noticia da aparición dos restos de Santiago percorrerá veloz o continente e logo xurdirá, de forma espontánea, o fenómeno das peregrinacións.

O obxectivo é render culto no seu sepulcro a un dos discípulos predilectos de Xesús, Santiago, primeiro mártir da cristiandade, decapitado en Xerusalén sobre o ano 44. Varios documentos datados a partir do século VI sitúan a peregrinación do Apóstolo en Hispania entre os anos 33 e 42. E a este territorio quixérono traer os seus discípulos trala súa morte. Decideron enterralo moi preto da maxia e do misterio de Finis Terrae, a fin do mundo da súa época.

A descuberta dese sepulcro romano, case oito séculos despois, marcaría o inicio dun culto que converteu o Camiño en verdadeira columna vertebral de Europa e a cidade de Santiago de Compostela e a súa catedral nun dos tres grandes centros de peregrinación da cristiandade, xunto con Roma e Xerusalén.

A Catedral

No 2011, a catedral celebrou o 800 aniversario da súa consagración. Fronte a ela, na praza do Obradoiro, cada caminante entende que “a meta é o camiño” e leva gravado desde este momento, perante o maxestoso Pórtico da Gloria, un berro de ánimo que desde os tempos medievais axuda sempre a seguir adiante: Ultreia!
Más sobre la Catedral
A catedral de Santiago é o resultado de máis de setecentos anos de construción, sucesión de estilos e ampliacións, e reformas continuadas. Na prehistoria do monumento cómpre citar as dúas igrexas prerrománicas, levantadas no século IX. A basílica que deu orixe á catedral que agora coñecemos iniciarase no ano 1075, en tempos de Diego Peláez, cun equipo integrado por cincuenta canteiros dirixidos polo mestre Bernardo o Vello. Non obstante, o grande impulso á obra chegaría algo despois, xa con Diego Xelmírez como arcebispo, persoa culta, cosmopolita, destacado promotor cultural e espiritual de Compostela. Á súa morte (1139 – 1140), a estrutura básica do monumento (cabeceira, altar maior, brazos do cruceiro e capelas radiais románicas) xa estaba levantada. A catedral inspirarase nas grandes igrexas de Francia e nela poranse en práctica, xa desde os primeiros deseños, as técnicas máis avanzadas de arquitectura e escultura de Occidente. É, por exemplo, a primeira igrexa románica europea en ter escultura monumental nas tres fachadas: Obradoiro, Praterías e Paraíso (hoxe, Acibechería). E será logo o Pórtico da Gloria a grande obra que situará a Basílica compostelá no cénit da arte románica europea: o peche polo oeste do monumento. O seu actor foi o mestre Mateo (arquitecto de probable orixe santiaguesa) e o seu equipo. Traballaron durante máis de corenta anos, de 1168 a 1211. E deixaron para a historia o gran poema en pedra que resume non só toda a arte medieval senón tamén a concepción do home e o universo do seu tempo, presentada nunha estrutura arquitectónica de tres plantas superpostas. A última gran renovación da Catedral levouse a cabo a mediados do século XVIII. Tratábase de protexer o Pórtico de Mateo e, ao mesmo tempo, dotar a basílica dun peche cara ao Oeste consonte a magnitude do templo. Así xurdiu a fachada barroca, deseñada por Fernando de Casas Novoa, e concluída en 1750. O gusto barroco imperante dota a catedral dunha espectacular sensación de verticalidade, de elevación, xogando co vidro e a pedra como nunca se fixera ata entón. O Ano Santo 1784 marca o final das obras, coa inauguración da capela da Comuñón. A basílica actual seduciranos, así mesmo, pola súa Torre do Reloxo ou “Berenguela” e, por suposto, é inexcusable a entrada (só en Ano Santo) pola Porta Santa. E, xa no interior, o abrazo ao Apóstolo, a baixada á cripta que garda os seus restos, a visita ao Panteón Real, a misa do peregrino que culmina co espectáculo do botafumeiro, e as súas capelas, desde a Maior (na cabeceira) á Corticela (puro románico) ou a do Salvador (a máis antiga). Ata gratas sorpresas como as escavacións arqueolóxicas que se abriron ao público a comezos do 2011, que nos permiten descender ao subsolo da catedral, onde emerxen os cemiterios tardorromano e medieval, e o asentamento que deu orixe ao monumento e á propia cidade de Santiago.

CAMINO 2018

(31 de mayo, 1 y 2 de junio)
ASISTENCIA. Durante todo el trayecto nos acompañará una furgoneta con botiquín de urgencia, material necesario y la mochila o maleta pequeña – saco de dormir y esterilla de cada alumno/a.  Estos deberán viajar con la medicación personal, en caso de necesitarla. MATERIAL IMPRESCINDIBLE.

  • Mochila o maleta pequeña que será transportada por la furgoneta (Hasta la llegada a Caldas no se podrá acceder a ella).
  • Ropa de diario, calcetines y ropa interior para tres días.
  • Saco de dormir y aislante.
  • Impermeable-chubasquero.
  • Calzado deportivo adecuado para caminar.
  • Gorra.
  • La acción directa de los rayos solares sobre la piel y los ojos sin protección adecuada puede producir quemaduras solares. Es aconsejable utilizar llevar gorra, usar cremas con filtros solares con índice de protección solar de 30 o más y gafas de sol con filtro solar de categoría 3 o 4.
  • Chanclas de piscina.
  • Bolsa de aseo personal.
  • Toalla de ducha.
  • Mochila pequeña para el camino. En ella llevaremos la comida del primer día, un chubasquero sencillo y crema de protección solar.
  • Si llevamos un teléfono móvil deberemos llevar un cargador.

O itinerario comeza en distintos puntos de Europa. En Francia conflúen as rutas que proceden de Italia ou do leste do Continente (entre outros moitos lugares de Europa). Penetra en España polos Pireneos e desde Puente la Reina (Navarra) é xa unha vía única, o coñecido como Camiño Francés, que percorrerá todo o norte do país ata Santiago de Compostela.

Este camino -descrito xa no século XII, no Codex Calixtinus- entra en Galicia polo alto do Cebreiro e é o itinerario de referencia, pero non o único nin o máis antigo. En realidade, son dez as rutas de peregrinación que se foron fixando ao longo da historia. A máis antiga, é o chamado Camiño Primitivo; xunto a este, o Camiño do Norte -ambos entran en Galicia por Asturias-, o inglés -cos portos da Coruña e Ferrol como referencia-, o Portugués e a súa variante de Portugués pola Costa, o Camiño do Sueste – Vía da prata -desde o suroeste de España-, o Camiño de Fisterra – Muxía -que prolonga a peregrinación ata o Finis Terrae-, a Ruta do Mar de Arousa e Ulla -que rememora o itinerario polo que, segundo a tradición, chegaron en barco a Galicia os restos do apóstolo-. E, finalmente, o Camiño de Inverno -ruta alternativa aos fríos cumios das montañas luguesas do Cebreiro- A meta é Santigo de Compostela, capital da Comunidade Autónoma de Galicia. A súa zona monumental foi declarada pola UNESCO Patrimonio da Humanidade en 1985. En 1987 o Consello de Europa recoñeceu o Camiño de Santiago como Primeiro Itinerario Cultural Europeo, e no Ano Santo de 1993 o propio Camiño de Santiago foi declarado Parimonio da Humanidade.

Nos fixemos as últimas tres etapas do Camiñp Portugués:

Pontevedra – Caldas de Reis (23 Km)

Caldas de Reis – Padrón (18,5 Km)

Padrón – Santiago (25 Km)

La Vieira o “Concha del Peregrino”

La vieira se encuentra típicamente en la costa de Galicia. Es el símbolo del Camino de Santiago por excelencia y de sus peregrinos. Antiguamente los peregrinos, antes de regresar a sus países de origen tomaban un ejemplar en las costas de Finisterre, para demostrar haber llegado hasta Santiago, el objetivo de su viaje.

La flecha amarilla del Camino

Es un símbolo o señal indicativo. Podemos encontrar esta flecha amarilla en infinidad de lugares durante nuestro peregrinaje, (piedras, muros, fachadas, árboles etc) indicándonos el camino correcto a seguir para llegar con éxito al final de cada etapa.

 

La Cruz de Santiago

Se trata de una cruz latina simulando una espada, con forma de flor de lis en la empuñadura y en los brazos. Se dice que su forma tiene origen en la época de las Cruzadas, cuando los caballeros llevaban pequeñas cruces con la parte inferior afilada para clavarlas en el suelo y realizar sus devociones diarias.


El Bastón o Bordón

El bordón sirve para caminar y cuidar nuestras rodillas. Suele ser muy útil, en especial, para las bajadas ya que las rodillas no se cargan tanto con el peso. Antiguamente se utilizaba también para defenderse de los ataques de los perros.

Capítulo 1Capítulo 2Capítulo 3Capítulo 4
Jueves 31 de mayo
9:15. Oración en la capilla. se les entrega un folleto. Goretti hace una presentación, Pedro lee un texto de Emaus y Goretti termina leyendo el texto: Hacer camino … una oportunidad… José nos habla de espiritualidad, naturaleza, paisaje, patrimonio, los peregrinos… Ruth nos explica los símbolos del camino: el bastón, la calabaza, la concha, la credencial, las flechas amarillas… Hacemos el sorteo del amigo invisible. 10:15. Salimos del Colegio. (Km 0). Velocidad estimada: 4 Km/h. 10:45. Nos hacemos una foto en la Peregrina 11:00. Hacemos una parada en las marismas de Alba. (Km 3,6) 12:00. Otra parada en San Amaro. (Km 8,1) 14:00.  Comida de bocadillo en los Molinos de Barosa. (Km 14,9). Para llegar nos desviamos 400 m de la ruta. 16:00. Salida hacia Caldas. 18:00. Llegada al pabellón municipal de Caldas. Nos organizamos. Por turnos accedemos a las duchas. (Km 21,7). 21:00.  Cena en el Colegio Inmaculada. (Macarrones con tomate y atún – Milanesa de pollo con patatas y pimientos – Natillas de chocolate) 23:00. Regreso al Pabellón. Nosa acomodamos y a dormir… Repaso al día, fotos, vídeos y música… Pos It: lo mejor del día.
Viernes 1 de junio
8:30. Comienzo del día. 9:00. Desayuno en el Colegio Inmaculada. (Leche – Cola Cao – Café – Zumo – Mantequilla – Mermelada – Sobaos – Pan tostado – Galletas – Bollería – Agua). Oración. 10:00.  Comenzamos la ruta del día. (Km 0) 10:15. Parada en la iglesia de Carracedo (km 5,3) 12:15. Parada en la iglesia de San Miguel de Valga (Km 11,9) 14:30.  Comida en Pontecesures, en la alameda, salida a la izquierda antes de cruzar el puente (arroz con salchichas – jamón asado con patatas – Flan). (Km 16,1) 17:00. Llegada a Padrón. Nos acomodamos. Tiempo para ducharse. (km 18,6). 19:30.  Visita a la iglesia de Santiago para ver el Pedrón. Es una iglesia de estilo neoclásico. Dentro de sus gruesos muros pueden verse muestras de otros templos levantados anteriormente. Al cruzar la puerta, que comunica con el paseo del Espolón, podemos ver una inscripción sobre una piedra que recuerda el templo levantado por el arzobispo Xelmirez en 1113. Al lado del altar mayor existe un púlpito de una sola piedra, con la imagen de Santiago Peregrino, del siglo XV. Pertenece al templo gótico que mandó edificar Lope de Mendoza. En su interior guarda, bajo el altar mayor, un “ara romana” dedicada al dios Neptuno: el Pedrón. lugar al  que, según cuenta la tradición jacobea, fue amarrada la barca que traía los restos del Apostol Santiago junto con sus discípulos Teodoro y Atanasio, desde Palestina a las tierras irienses. 20:00. Descanso hasta la cena. 21:00. Cena en el Convento del Carmen al lado del Albergue de Peregrinos (Pasta con carne y jamón – Timbal de york y queso con ensalada – Yogur). 22:00. Visita a Padrón. 00:00. Final del día. Hacemos un balance de la jornada y descubrimos al amigo invisible (cada alumno escribe sobre su amigo invisible en la huella que se le ha entregado). Repartimos las camisetas que utilizaremos el sábado.
Sábado 2 de junio
7:30. Comienzo del día. 8:30. Desayuno en Convento del Carmen (Leche – Cola Cao – Café – Zumo – Mantequilla – Mermelada – Sobaos – Pan tostado – Galletas). Oración 10:30. Descanso en A Escravitude. 13:00. Descanso en la capilla de Faramelo. 14:00. Llegada a Milladoiro y comida en la Plazoleta de santa María Magdalena (Bocadillo – Empanada – Fruta – Agua). 15:30. Salimos hacia la Catedral. 16:45. Llegada a la Catedral de Santiago. Nos hacemos una foto en la plaza del Obradoiro. Entramos a la catedral por Platerías (10 alumnos con cada profesor/a. abrazamos al Apóstol Santiago y bajamos a la cripta. Descansamos en Platerías. 18:30. Salida del autobús hacia Pontevedra. 20:00. Llegada a Pontevedra.
Secuencias del camino
Carmen Pilar - Ari - MartinaAlejandro - Anxo - JesúsNombre de pestaña
Contenido de la pestaña
Historia da Peregrinación Xacobea
Para entender a rápida consolidación de Santiago como centro de peregrinación internacional (séculos IX ao XIII) debemos citar a unión de forzas e intereses que, a favor de Compostela, levaron a cabo os principais centros de poder occidental: a coroa (desde Afonso II a Afonso VII ou Sancho Ramírez), o papado (Calixto II ou Alexandre III) e as ordes monacais (as abadías de Cluny e o Císter). Así escribirá o Camiño a súa historia milenaria: cando se descobren os restos do Apóstolo (século IX) reina no noroeste peninsular (denominado Reino de Asturias) Afonso II. El é o primeiro gran valedor. Criárase no mosteiro de Samos e recibe con entusiasmo a nova do bispo de Iria, Teodomiro. Un eremita de nome Paio localizou, nun bosque, as ruínas dun primitivo enterramento. Esta aparición confirma unha arraigada tradición popular que mesmo documentaran os monxes Beda o Venerable e Beato de Liébana. Pero faltaban estas probas. O rei Afonso II visita o lugar e manda edificar unha modesta igrexa, que logo reconstruirá Afonso III (ano 899). Estamos na orixe da actual catedral e da cidade de Santiago. O culto a Santiago comeza con forza no Reino ástur-galaico e obtén, máis aló dos Pireneos, unha rápida resposta popular.

Pero un 10 de agosto do ano 997 o caudillo árabe Almanzor, primeiro ministro do califato de Córdoba, arrasa a cidade, rouba as campás da súa basílica e só repecta o “lugar santo”, os restos de Santiago. Sobre eles, deberá renacer Compostela. O símbolo de Santiago é xa demasiado forte para sucumbir: representa unha unidade identitaria e unha forza común (espiritual e guerreira) para loitar contra a invasión islámica: a Reconquista.

A época de ouro das peregrinacións sitúase entre os séculos XI ao XIII: Francia, Italia, centro e leste de Europa, Inglaterra, Alemaña, mesmo Islandia. E, por suposto, toda a Hispania. Chegaban a pé, a cabalo, en barco… e eran asistidos principalmente por unha rede de hospitais de Cluny e o Císter que foi o verdadeiro sostén do espírito xacobeo.

O primeiro Ano Xubilar ou Ano Santo (cando o día de Santiago, o 25 de xullo, coincide en domingo) remóntase, aproximadamente, ao ano 1428 (celébrase, desde entón, segundo o calendario, cada 6,5,6 e 11 anos). Pero chegados ao século XVI, as cousas cambian. Con Lutero conclúe a unidade relixiosa de Occidente, a ruta vese ameazada se pechan fronteiras, o peor dos obstáculos para ese río humano que son as peregrinacións. Francia -país xacobeo por excelencia- vive a súa Revolución en 1789, e en España a Igrexa irá perdendo poder e influencia. O mundo xa é outro.

Non obstante, no século XIX dous feitos reactivarán o espírito xacobeo. O Romanticismo inglés descobre na catedral e no seu Pórtico da Gloria un mundo de beleza e misterio. Por outro lado, un feito fundamental: en 1879 prodúcese o redescubrimento dos restos do Apóstolo. Acontece que trescentos anos antes (1589) o arcebispo Sanclemente agocháraos perante a ameaza do corsario inglés Francis Drake, e foi tal o seu coidado que ninguén os volvería atopar ata finais do século XIX. Unhas escavacións arqueolóxicas tráeos á luz e, tras elas, o retorno -modesto, primeiro- das peregrinacións. Pero cumpriría agardar aínda un século para o rexurdir do Camiño, tras un primeiro terzo do século XX marcado en España por unha cruenta guerra civil.

No ano 1982 Xoán Paulo II visita Santiago de Compostela ataviado como peregrino. En 1993 (outro Ano Santo) o Goberno de Galicia pon en marcha o Plan Xacobeo, seguido do 1999, 2004 e 2010. Hoxe, como nos tempos medievais, millóns de peregrinos camiñan de novo a Compostela. É unha forma distinta de peregrinación, pero non nega a tradicional senón que sumou a ela os anhelos e motivacións das sociedades contemporáneas.

CAMINO DE SANTIAGO 2017
No curso 16-17 intentamos aproveitar a realización do Camiño de Santiago para coñecer o patrimonio material e inmaterial dos espazos vitais que habita a poboación rural no traxecto do camiño portugués a Santiago. Pasamos polas provincias de Pontevedra e A Coruña mediante a camiñada de tres días entre Pontevedra e a cidade de Santiago.